O alumnado de 4ESO-A buscou algunhas das fotografías icónicas da Guerra Civil española para coñecer os seus protagonistas e os feitos máis importantes.
Fixeron un traballo excepcional, poñendo en valor a todos os actores sociais, especialmente a aqueles que son anónimos e que son os verdadeiros protagonistas da historia.
Tanto confinamento e tanta educación online estásenos facendo un chisco duro, así que na titoría de 4ESO-A decidimos facer un vídeo para recordarnos que sorrir é fundamental na vida.
O alumando dos grupos de 3ESO B-C-D realizou unha biografía de personaxes da Idade Moderna, realizando a súa particular imaxe deles. Moita creatividade!!
Vivimos momentos difíciles coa pandemia do Covid-19. Neste vídeo podedes acercarvos a outra pandemia que marcou o mundo a comezos do século XX: a chamada Gripe Española. O vídeo non só vos permitirá coñecer este feito histórico, senón facer unha comparativa coa situación actual.
Deberás ver este vídeo e ler a información do libro de texto sobre Os felices Anos 20, sobre a crise dos anos 30 e sobre o New Deal para ser capaz de responder a estas preguntas:
+ Definir Felices Anos 20
+ Dicir cal era a economía máis poderosa
+ Cambios nas cidades: electrificación, radio, consumo de masas (definición)
+ Causa do crack de outubro de 1929: comprábanse accións con
créditos e venda masiva de accións. Foi o xoves negro.
+ Consecuencias do xoves negro de 1929: Gran Depresión e as súas
manifestacións.
Ruína dos inversores / Ruína
dos bancos / Peche das empresas / Aumento do paro/ Pobreza / Desafiuzamentos /
Extensión da crise a Europa (EEUU era prestamista dos países europeos) / As
consecuencias da Gran Depresión aumentou o apoio aos fascismos.
+ Medidas contra a crise en Estados Unidos: O New Deal.
Saber país onde se puxo en
marcha, quen o puxo en marcha e que medidas se aplicaron.
OS FASCISMOS
1. UMBERTO ECO: QUE É FASCISMO?
2. VÍDEO RESUMO DAS CARACTERÍSTICAS.
3. USO DA VIOLENCIA. TESTIMONIO DE HILDA FARFANTE.
4. TESTIMONIO DUNHA SUPERVIVENTE DUN CAMPO NAZI: Francine Christophe
+ Na parte de "Folletos informativos" tedes acceso á información dos ciclos por familias e dentro de cada unha delas aos módulos/materias de cada ciclo.
+ Tedes tamén opción de ver os ciclos organizados por provincias e concellos.
BLOG DE MÓNICA DIZ ORIENTA
No blog desta orientadora hai boa información sobre diferentes aspectos da orientación académica e profesional.
O grupo español Fangoria interpreta a canción Rasputín, do grupo Boney M. Fala da biografía de Grigori Rasputín, amigo e conselleriro do tsar Nicolás II.
A partir das árbores xenealóxicas do alumnado de 3ESO B, C e D no curso 2019-20, fixemos uns gráficos nos que se reflicten algunhas das características das sociedades actuais. Ademais o alumnado de 3ESO-D explicou estes gráficos.
Houbo numerosos conflitos entre as potencias imperialistas; un dos máis longos foron as GUERRAS DO OPIO. Se tes curiosidade por saber que foron, tes que ver este vídeo da canle de Historia a toda leche.
I GUERRA MUNDIAL: 1914-18
Para facernos unha idea inicial do que foi a IGM é bo este vídeo de Academia Play.
O casus belli da IGM foi o atentado de Saraxevo, un atentado algo caótico. Neste vídeo de Historia a toda leche telo explicado.
FASES: A VIDA NAS TRINCHEIRAS
Senderos de Gloria é unha película antibélica do ano 1957 de Stanley Kubrick. Este fragmento reflicte moi ben a vida das trincheiras.
Outra película que tamén reflicte os intensos bombardeos das trincheiras é a de Sin novedad en el frente, do ano 1979, de Delbert Mann.
A película 1917, estreada este ano 2020, tamén nos permite comprender mellor como estaba construído o entramado das trincheiras.
FASES: A TREGUA DE NADAL
FASES: AS PRINCIPAIS BATALLAS
CONSECUENCIAS DA IGM
A IGM foi un conflito a gran escala que deixou millóns de mortos e cidades enteiras destruídas. Neste enlace podes ver fotografías da época en cor.
Unha das consecuencias máis importantes da IGM foron os cambios territoriais sobre o mapa político europeo.
Europa durante a IGM. Mapa da editorial Santillana.
Compara os dous mapas para que sexas capaz de explicar a desaparición dos imperios europeos e os territorios que xorden no seu lugar.
Europa despois da IGM. Mapa da editorial Santillana.
Para Alemaña as consecuencias dotratado de Versallesforon moi negativas. Unha delas foi a división do seu territorio, que podes ver neste mapa.
Coa I Guerra Mundial chegou tamén un novo papel para as mulleres na sociedade. Neste blog do profesor José Luis Trujillo Rodríguez tes información sobre o seu papel.
Trala IGM, as mulleres tamén conseguirán nalgúns países o voto feminino, un dereito polo viña loitando o movemento sufraxista desde antes da guerra. A película Sufragistas conta a historia dalgunhas das sufraxistas británicas.
Neste vídeo, desde o minuto 24, podes ver como foi o final da familia dos Romanov.
Para coñecer parte da biografía de Grigori Rasputín, unhas das personaxes máis controvertidas do final do tsarismo, terás que ver este vídeo para coñecer o seu curioso final.
A URSS viuse afectada por unha profunda crise económica como consecuencia do comunismo de guerra. Neste enlace podes ver imaxes da época.
A partir dos artigos da revista do xornal eldiario.es do mes de decembro de 2019 realizamos esta actividade para reflexionar sobre a nosa alimentación.
O SECTOR SECUNDARIO
A través deste enlace accede á información para subliñar no libro e para completar as fichas resumo.
O turismo é unha das actividades fundamentais do sector terciario, se ben nalgúns lugares do planeta as súas consecuencias son negativas para o medioambiente; é o chamado turismo de extinción.
Un exemplo son as illas Svalbard, que pertencen a Noruega, e que están en pleno Ártico.