ANOS 20
Deberás ver este vídeo e ler a información do libro de texto sobre Os felices Anos 20, sobre a crise dos anos 30 e sobre o New Deal para ser capaz de responder a estas preguntas:
+ Definir Felices Anos 20
+ Dicir cal era a economía máis poderosa
+ Cambios nas cidades: electrificación, radio, consumo de masas (definición)
+ Causa do crack de outubro de 1929: comprábanse accións con
créditos e venda masiva de accións. Foi o xoves negro.
+ Consecuencias do xoves negro de 1929: Gran Depresión e as súas
manifestacións.
Ruína dos inversores / Ruína
dos bancos / Peche das empresas / Aumento do paro/ Pobreza / Desafiuzamentos /
Extensión da crise a Europa (EEUU era prestamista dos países europeos) / As
consecuencias da Gran Depresión aumentou o apoio aos fascismos.
+ Medidas contra a crise en Estados Unidos: O New Deal.
Saber país onde se puxo en
marcha, quen o puxo en marcha e que medidas se aplicaron.
OS FASCISMOS
1. UMBERTO ECO: QUE É FASCISMO?
2. VÍDEO RESUMO DAS CARACTERÍSTICAS.
3. USO DA VIOLENCIA. TESTIMONIO DE HILDA FARFANTE.
4. TESTIMONIO DUNHA SUPERVIVENTE DUN CAMPO NAZI: Francine Christophe
No hay comentarios:
Publicar un comentario