miércoles, 22 de enero de 2020

IMPERIALISMO, GUERRA E REVOLUCIÓN

O IMPERIALISMO 


     Estes vídeos pódenche servir para comprender mellor o fenómeno do imperialismo.




O RACISMO DETRÁS DO IMPERIALISMO       




        Preme neste enlace para completar a ficha e saber cales foron os imperios máis poderosos do XIX e as súas colonias.
PRINCIPAIS IMPERIOS EN 1914




        Houbo numerosos conflitos entre as potencias imperialistas; un dos máis longos foron as GUERRAS DO OPIO. Se tes curiosidade por saber que foron, tes que ver este vídeo da canle de Historia a toda leche




         I GUERRA MUNDIAL: 1914-18

          Para facernos unha idea inicial do que foi a IGM é bo este vídeo de Academia Play.




        O casus belli da IGM foi o atentado de Saraxevo, un atentado algo caótico. Neste vídeo de Historia a toda leche telo explicado. 




FASES: A VIDA NAS TRINCHEIRAS


                 Senderos de Gloria é unha película antibélica do ano 1957 de Stanley Kubrick. Este fragmento reflicte moi ben a vida das trincheiras. 

      

      
      Outra película que tamén reflicte os intensos bombardeos das trincheiras é a de Sin novedad en el frente, do ano 1979, de Delbert Mann. 


    A película 1917, estreada este ano 2020, tamén nos permite comprender mellor como estaba construído o entramado das trincheiras. 


FASES: A TREGUA DE NADAL


 

FASES: AS PRINCIPAIS BATALLAS




CONSECUENCIAS DA IGM


        



        A IGM foi un conflito a gran escala que deixou millóns de mortos e cidades enteiras destruídas. Neste enlace podes ver fotografías da época en cor.









     Outra consecuencia da IGM foron as reparacións de guerra, cuxo pago chegou ata o século XX, como podes ler neste enlace. 




          Unha das consecuencias máis importantes da IGM foron os cambios territoriais sobre o mapa político europeo.


Europa durante a IGM. Mapa da editorial Santillana. 

         Compara os dous mapas para que sexas capaz de explicar a desaparición dos imperios europeos e os territorios que xorden no seu lugar. 


Europa despois da IGM. Mapa da editorial Santillana. 

       Para Alemaña as consecuencias do tratado de Versalles foron moi negativas. Unha delas foi a división do seu territorio, que podes ver neste mapa. 





        Coa I Guerra Mundial chegou tamén un novo papel para as mulleres na sociedade. Neste blog do profesor José Luis Trujillo Rodríguez tes información sobre o seu papel. 

MULLER E IGM





         Trala IGM, as mulleres tamén conseguirán nalgúns países o voto feminino, un dereito polo viña loitando o movemento sufraxista desde antes da guerra. A película Sufragistas conta a historia dalgunhas das sufraxistas británicas. 


PÁXINAS CON MÁIS RECURSOS




A REVOLUCIÓN RUSA


      Neste vídeo, desde o minuto 24, podes ver como foi o final da familia dos Romanov. 


      Para coñecer parte da biografía de Grigori Rasputín, unhas das personaxes máis controvertidas do final do tsarismo, terás que ver este vídeo para coñecer o seu curioso final. 





    A URSS viuse afectada por unha profunda crise económica como consecuencia do comunismo de guerra. Neste enlace podes ver imaxes da época. 


          A chegada ao poder de Stalin vai significar un período de intensas purgas políticas. 












No hay comentarios:

Publicar un comentario