Houbo numerosos conflitos entre as potencias imperialistas; un dos máis longos foron as GUERRAS DO OPIO. Se tes curiosidade por saber que foron, tes que ver este vídeo da canle de Historia a toda leche.
I GUERRA MUNDIAL: 1914-18
Para facernos unha idea inicial do que foi a IGM é bo este vídeo de Academia Play.
O casus belli da IGM foi o atentado de Saraxevo, un atentado algo caótico. Neste vídeo de Historia a toda leche telo explicado.
FASES: A VIDA NAS TRINCHEIRAS
Senderos de Gloria é unha película antibélica do ano 1957 de Stanley Kubrick. Este fragmento reflicte moi ben a vida das trincheiras.
Outra película que tamén reflicte os intensos bombardeos das trincheiras é a de Sin novedad en el frente, do ano 1979, de Delbert Mann.
A película 1917, estreada este ano 2020, tamén nos permite comprender mellor como estaba construído o entramado das trincheiras.
FASES: A TREGUA DE NADAL
FASES: AS PRINCIPAIS BATALLAS
CONSECUENCIAS DA IGM
A IGM foi un conflito a gran escala que deixou millóns de mortos e cidades enteiras destruídas. Neste enlace podes ver fotografías da época en cor.
Unha das consecuencias máis importantes da IGM foron os cambios territoriais sobre o mapa político europeo.
Europa durante a IGM. Mapa da editorial Santillana.
Compara os dous mapas para que sexas capaz de explicar a desaparición dos imperios europeos e os territorios que xorden no seu lugar.
Europa despois da IGM. Mapa da editorial Santillana.
Para Alemaña as consecuencias dotratado de Versallesforon moi negativas. Unha delas foi a división do seu territorio, que podes ver neste mapa.
Coa I Guerra Mundial chegou tamén un novo papel para as mulleres na sociedade. Neste blog do profesor José Luis Trujillo Rodríguez tes información sobre o seu papel.
Trala IGM, as mulleres tamén conseguirán nalgúns países o voto feminino, un dereito polo viña loitando o movemento sufraxista desde antes da guerra. A película Sufragistas conta a historia dalgunhas das sufraxistas británicas.
Neste vídeo, desde o minuto 24, podes ver como foi o final da familia dos Romanov.
Para coñecer parte da biografía de Grigori Rasputín, unhas das personaxes máis controvertidas do final do tsarismo, terás que ver este vídeo para coñecer o seu curioso final.
A URSS viuse afectada por unha profunda crise económica como consecuencia do comunismo de guerra. Neste enlace podes ver imaxes da época.
A partir dos artigos da revista do xornal eldiario.es do mes de decembro de 2019 realizamos esta actividade para reflexionar sobre a nosa alimentación.
O SECTOR SECUNDARIO
A través deste enlace accede á información para subliñar no libro e para completar as fichas resumo.
O turismo é unha das actividades fundamentais do sector terciario, se ben nalgúns lugares do planeta as súas consecuencias son negativas para o medioambiente; é o chamado turismo de extinción.
Un exemplo son as illas Svalbard, que pertencen a Noruega, e que están en pleno Ártico.