A Revolución francesa
Draw my life da Revolución francesa
O imperio napoleónico
Draw my life de Napoleón Bonaparte
OS ESTAMENTOS: AS CONDICIÓNS DE VIDA
CANCIÓN DE LADY GAGA VERSIONADA. REVOLUCIÓN FRANCESA
TÁBOA RESUMEN DOS TRES CICLOS REVOLUCIONARIOS DO S. XIX
NACIÓN. NACIONALISMOS
A UNIFICACIÓN ALEMÁ. O papel de Bismcarck.
BANDEIRAS E NACIONALISMOS
Un elemento clave dos nacionalismos, son as bandeiras que, simbolicamente, representan un Estado-nación. E para entender mellor como se inventaron estes símbolos, este vídeo da canle Historia a toda leche conta a historia da bandeira española.
DEFINICIÓNS
Napoleón Bonaparte. Jacques-Louis David |
NAPOLEÓN BONAPARTE: militar e político francés que chegou ao poder despois de dar un golpe de Estado en 1799, poñendo así fin á Revolución Francesa. Napoleón dominou Europa ata que foi definitivamente derrotado en Waterloo (1815). Hábil estratega militar, as súas derrotas empezaron arredor do ano 1812 en España e Rusia. As tropas napoleónicas invadiran España en 1808 (Guerra de Independencia) co pretexto de atravesar o noso país para invadir Portugal.
REVOLUCIÓN FRANCESA: Proceso revolucionario que puxo fin ao Antigo Réxime e que se desenvolveu en Francia entre 1789 (14 de xullo toma da Bastilla) ata 1799 (golpe de Estado de Napoleón Bonaparte). Tivo tres fases (Asemblea, Convención e Directorio), as dúas últimas etapas republicanas despois da execución da familia real. Entre os acontecementos máis destacados deste período destacan: a publicación da primeira constitución francesa, a promulgación dunha declaración de Dereitos do Home e do Cidadán ou a etapa do Terror, encabezada por Robespierre.
UNIFICACIÓN DE ALEMAÑA: foi un exemplo de nacionalismo unificador da Europa do século XIX, que concluíu en 1871 coa incorporación de Alsacia e Lorena ao II Reich alemán. As figura clave neste proceso foron o kaiser Guillerme I e o chanceler Bismarck.
GARIBALDI: líder do proceso de unificación italiano no século XIX. Liderou o grupo das Camisas Vermellas, conseguindo a incorporación de territorios ao novo Estado italiano. Garibaldi, xunto co rei Vítor Manuel II e o ministro Cavour foron os líderes da unificación italiana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario